Monday 29 de April de 2024

Gran asistencia na recreación da histórica Batalla de Ponte Ledesma


O campo do río acolleu un ano máis o exitoso evento, que contou cunha importante participación dos veciños e veciñas de Ponte Ledesma e da contorna

O campo do río de Ponte Ledesma foi escenario o pasado domingo da recreación da histórica “Batalla de Ponte Ledesma”, organizada polo departamento de Cultura do Concello de Boqueixón.

O evento consistiu na representación da batalla que nos primeiros días do mes de marzo de 1809 confrontou ao exército de Trasdeza (conformado na súa grande maioría polos labregos da zona de Boqueixón, Vila de Cruces e Silleda, liderados polo capitán Benito Martínez, membro do tamén histórico batallón Literario de Santiago) e o exército de Napoleón, e que se saldou coa vitoria veciñal.

Nesta recreación participou á veciñanza de Boqueixón, así como os “franceses” da asociación de Heroes de Casal do Eirixo (Valga), todos eles dirixidos polo actor Suso Martínez e o músico Manoele de Felisa.

A representación tivo moi boa acollida polo público e a organización agradeceu a cada un dos participantes nesta recreación o seu traballo e a colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.